PROGRAMA

20:45 H. Control de Acceso
21:00 H. Acto de entrega dos premios do CPEIG
21:30 H. Actuación do mago Jorge Blass

RETRANSMISIÓN DO EVENTO

Podes seguir a retransmisión do evento premendo aquí.

PARTICIPA NOS SORTEOS DA XII NOITE

Podes participar nos sorteos da XII Noite premendo aquí.

ESPAZO VIRTUAL

Podes navegar polo espazo virtual dos Premios A Noite premendo aquí.

Premios

Premio Proxecto Fin de Carreira/Mestrado

O premio recaeu en Aida Vidal Balea, investigadora de novas tecnoloxías de realidade aumentada, polo seu proxecto “Aplicación gamificada mediante realidade aumentada para incentivar a actividade física de pacientes pediátricos de longa estancia” como Traballo Fin de Mestrado na Universidade da Coruña (UDC)

Premio e-Inclusión

A distinción recaeu na Confederación ASPACE, polo seu proxecto colaborativo #ASPACEnet destinado a mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con parálise cerebral a través do uso de solucións tecnolóxicas.

Premio Iniciativa Emprendedora

O galardón é para a compañía tecnolóxica coruñesa Appentra, polo seu traballo en computación paralela e o espectacular crecemento desde o seu nacemento en 2012 como spin-off da Universidade da Coruña (UDC)

Premio Iniciativa Empresarial

A distinción recaeu na aplicación móbil Localsafe, a primeira App española que permite aos cidadáns buscar establecementos seguros fronte á covid-19.

Premio Iniciativa da Administración

O premio foi para Smartiago, proxecto do Concello de Santiago que sitúa a Compostela na vangarda da innovación municipal

Premio Ada Byron

A distinción este ano foi para a enxeñeira en informática Sabela Ramos. Traballa en Google Research, onde desenvolve actualmente ferramentas para Reinforcement Learning –aprendizaxe por reforzo–, unha rama do Machine Learning. Forma parte do colectivo Google Women in Engineering, onde se estimula a presenza feminina no sector TIC.

Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino

O recoñecemento é para Tecnópole pola súa vocación na divulgación científica entre os máis novos. O Parque Tecnolóxico desenvolve Galiciencia, a maior feira científica da comunidade, aulas e campamentos tecnolóxicos para rapaces e proxectos para animar ás rapazas a estudar carreiras STEM

Premio Grandes Proxectos TIC

A distinción concédese á Cidade das TIC, proxecto que se situará na Fábrica de Armas da Coruña, impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia co apoio do Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación e Concello da Coruña

Premio Traxectoria Profesional

O galardón é para o doutor en Informática Miguel Rodríguez Rubio, catedrático da Escola Universitaria na Universidade da Coruña (UDC), con ampla experiencia docente e no sector privado.

Colexiado de Honra

A distinción concédese a Miguel A. Amutio, director da División de Planificación e Coordinación de Ciberseguridade do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, pola súa contribución ao desenvolvemento da administración electrónica en España.

Espazo

O Hotel Oca Puerta del Camino é un aloxamento de catro estrelas situado fronte ao Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, na área de negocios da cidade en San Lázaro e a escasos tres quilómetros a pé da Catedral de Santiago. As súas amplas e elegantes instalacións e a súa posición estratéxica na cidade convérteno nun hotel ideal para a celebración de eventos.

En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: o piano bar, un plató virtual no que se desenvolverá a entrega de premios, e o salón Obradoiro, onde gozaremos dunha cea de autor moi especial. O plató virtual é un espazo multifuncional cun escenario composto por máis de 22  metros cadrados de pantalla led configurable, onde se realizan tanto reunións presenciais como de maneira virtual, ou unha combinación de ambas, con servicios de retransmisión en streaming multicámara.



GALERÍA FOTOGRÁFICA



▲ SUBIR