18:30 H. | Control de Acceso. |
19:00 H. | Cóctel de benvida. |
21:00 H. | Acto de entrega dos premios do CPEIG. |
22:00 H. | Cea de gala. |
00:00 H. | Barra libre e actuación musical. |
O galardón recaeu en Galnix, o primeiro punto neutro de intercambio de tráfico de datos en Galicia. A iniciativa, impulsada polas empresas galegas cloud.gal, Norvoz Telecom e Rede Aberta, busca mellorar o acceso a Internet e fomentar a transformación dixital no tecido empresarial galego, sobre todo en zonas rurais e entre as pemes.
O galardón foi para a enxeñeira informática Josefina Alonso pola súa “excelencia e innovación” no sector tecnolóxico. Cunha sólida formación en enxeñaría informático, o CPEIG destaca a súa traxectoria profesional na que liderou proxectos de transformación dixital e promoveu a adopción de metodoloxías áxiles en diversas organizacións.
O galardón concédese ao doutor en Informática Luis de Salvador, director da División de Innovación Tecnolóxica da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) desde 2019, polo seu “rigor e visión” no desenvolvemento das orientacións para o uso de servizos tecnolóxicos por parte da sociedade, en especial por menores.
Nesta categoría foi premiada a competición informática máis importante e antiga de España, a Olimpiada Informática Española. O certame, creado en 1997 pola Fundación Aula Escola Europea de Barcelona, pretende achegar a programación algorítmica a idades temperás
O recoñecemento foi para o CTAG, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, referente internacional en I+D+i aplicada á automoción e á mobilidade do futuro con máis de 20 anos de traxectoria, cun investimento acumulado superior aos 70 millóns de euros e máis de 1.000 profesionais.
A distinción foi para o Colexio Manuel Peleteiro de Santiago recibe o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino do CPEIG polo seu Plan de Benestar Dixital. Esta iniciativa, pioneira en Galicia, fomenta a “promoción eficaz dun uso saudable, seguro e responsable da tecnoloxía”, a través dun enfoque integral da súa comunidade educativa
A distinción foi para Accenture, compañía tecnolóxica global con oficinas na Coruña e Vigo, que participa no Programa Nacional de Algoritmos Verdes para o desenvolvemento dunha IA sostible.
O recoñecemento recaeu na Consellería de Sanidade pola súa certificación no alto nivel do Esquema Nacional de Seguridade. É a primeira entidade nacional en obter esta autentificación para todos os seus servizos e en todos os centros sanitarios de Galicia, que garante á cidadanía a protección de datos sensibles e é un exemplo de excelencia na posta en marcha de medidas avanzadas de seguridade dixital .
O recoñecemento recaeu no proxecto Neurocloud, da spin-off coruñesa Qubiotech, unha solución innovadora usa a intelixencia artificial para mellorar o fluxo diagnóstico de enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer, o Parkinson, a epilepsia ou a esclerose múltiple.
Recoñécese a colaboración público-privada co sector TI galego da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego na formación dos profesionais galegos a través do programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, o máis relevante de todo o Estado.
O catedrático emérito de Enxeñaría Química Juan Casares Long é o novo Colexiado de Honra. O CPEIG concédelle esta distinción pola súa contribución ao avance tecnolóxico de Galicia. Presidiu a Comisión Técnica de Informática de Galicia, foi o primeiro director do Centro de Supercomputación de Galicia, e o impulsor e responsable da posta en marcha de Meteogalicia.
O enxeñeiro informático Santiago Noriega, da Universidade da Coruña, gaña este recoñecemento co seu proxecto TapIt, unha tarxeta de visita con tecnoloxía NFC para a nova era do networking profesional. Os finalistas, tamén da UDC, foron David Esteban, por un traballo sobre a personalización, explicabilidade e sustentabilidade en sistemas de recomendación, e Ángel Paderne, por un proxecto sobre un sistema de alta seguridade para a xestión privada dos datos médicos dos pacientes.
A empresa global de solucións tecnolóxicas Unisys, cunha década apostando polo talento e a innovación en Galicia desde a súa sede de Santiago, foi distinguida co Premio 17 Aniversario do CPEIG. A compañía suma máis de 150 años transformando os negocios e mellorando a vida das persoas a través da tecnoloxía.
O proxecto QUORUM, destinado a promover a computación cuántica en España, foi distinguido con este recoñecemento. Un consorcio de entidades, liderado polo centro vigués Gradiant, uniuse para crear este entorno colaborativo e desenvolver talento e transferir coñecemento.
O Hotel Oca Puerta del Camino é un aloxamento de catro estrelas situado fronte ao Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, na área de negocios da cidade en San Lázaro e a escasos tres quilómetros a pé da Catedral de Santiago. As súas amplas e elegantes instalacións e a súa posición estratéxica na cidade convérteno nun hotel ideal para a celebración de eventos. En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: a terraza para o cóctel e un salón de gran capacidade para a cea de gala.