Mestre de cerimonias: Luis Zahera | |
19.45 H. | Control de Acceso |
20.00 H. | Cóctel de benvida |
21.00 H. | Acto de entrega dos premios do CPEIG |
22.00 H. | Cea de gala |
23.30 H. | Actuación musical |
00.30 H. | DJ e barra libre |
O premio recaeu no enxeñeiro en informática Óscar Blanco Novoa (A Coruña, 1992) polo seu proxecto "Sistema domótico de eficiencia enerxética no fogar con interface de realidade aumentada" como traballo fin de Mestrado na Universidade da Coruña.
Trátase dunha nova categoría de premio, que este ano recoñece o labor dun centro de ensino e o seu profesorado en prol da difusión da tecnoloxía entre o alumnado: CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, un dos sete centros seleccionados pola UNESCO para aparecer nunha publicación sobre as mellores prácticas de aprendizaxe móbil.
A distinción foi para "Camino de los Satélites", unha iniciativa da Fundación Tecnología Social (Funteso) destinada a mostrar como as tecnoloxías socialmente responsables poden facer accesible o Camiño de Santiago a todo o mundo.
O galardón outorgouse ao Club Financiero Atlántico de Coruña polo seu soporte organizativo na Mobile Week Coruña, o evento internacional máis importante da historia de Galicia que se celebrou na Coruña do 21 ao 28 de novembro de 2018.
O premio concedeuse nesta edición a dúas entidades: Hijos de Rivera, polo seu proceso de transformación dixital, e a asociación Alastria polo fomento da economía dixital a través do desenvolvemento de tecnoloxías descentralizadas/Blockchain.
A distinción foi este ano para Mónica Fernández Bugallo, profesora de comunicación dixital e procesamento do sinal do Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática da Universidade de Stony Brook en New York, ademais de directora do Programa "Mulleres na Ciencia e a Enxeñaría (WISE–Women in Science & Engineering)".
O colectivo distinguiu o programa de "Talleres e Axudas á Dixitalización", promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
O CPEIG recoñece o percorrido profesional de Carlos Vázquez Mariño, director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Distinción de agradecemento a empresas pola súa constancia no apoio á gala A Noite: Altia e Everis
O premio foi para o director xeral da Fundación Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau Lara, polo seu labor profesional no ámbito da tecnoloxías da información e as comunicacións.
San Francisco Hotel Monumento, situado a 150 metros da Catedral en pleno casco histórico de Santiago de Compostela, ofrece todo o encanto dun convento franciscano do século XIII combinado cos servizos e comodidades dun hotel moderno.
En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: o claustro, no que se desenvolve o cóctel de benvida e o patio de cristal, onde entregamos os nosos galardóns e gozamos da cea de gala.