PROGRAMA

19:45 H. Control de Acceso
20:00 H. Cóctel
21:00 H. Acto de entrega dos premios do CPEIG, presentado por Paula Vázquez
21:45 H. Cea de gala.
A continuación, actuación do humorista Daniel Delacámara e barra libre coa actuación do Grupo Versionettes.

Premios

Premio Traballo Fin de Mestrado

O premio foi para Elisa Fernández Álvarez polo desenvolvemento dunha ferramenta que permite a xestión e explotación dos datos de carga viral obtidos a partir da análise de augas residuais e que son empregados para realizar predicións de casos da COVID-19 para o seu Traballo Fin de Mestrado na Universidade da Coruña.

Premio e-Inclusión

Este recoñecemento outórgase a a Samsung Electronics Iberia, S.A.U. polo seu proxecto ‘Tallk’ destinado a facilitar a comunicación das persoas enfermas de ELA.

Premio Iniciativa Emprendedora

A empresa galega Councilbox, con sede central en Nigrán, foi distinguida pola súa tecnoloxía de reunións remotas con voto electrónico e validez legal.

Premio Iniciativa Empresarial

A Red Mundo Atlántico pola súa achega á innovación social e á internacionalización das pequenas e medianas empresas do Eixo Atlántico a través da súa rede de networking e de impulso ao financiamento europeo dos proxectos.

Premio Iniciativa da Administración

Esta distinción foi para o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) polo seu proxecto ‘Quantum Computing’ destinado a colocar a Galicia como un referente internacional en tecnoloxías cuánticas en 2030, accedendo a un mercado internacional de alto valor estratéxico e económico.

Premio Ada Byron, dirixido a mulleres enxeñeiras en Informática

A enxeñeira en informática Ana Freire, experta en intelixencia artificial e recuperación de información, foi premiada con este recoñecemento. É unha firme impulsora do uso da tecnoloxía para o ben social, así como da aportación das mulleres neste ámbito para lograr unha tecnoloxía plenamente útil e ao servizo das persoas.

Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino

O recoñecemento é para o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña polo seu proxecto ‘Talentos Inclusivos’ destinado a fomentar as vocacións TIC entre a mocidade, á vez que da visibilidade ás persoas con diversidade funcional e contribúe a facilitar o seu día a día mediante solucións tecnolóxicas innovadoras.

Premio Traxectoria Profesional

O galardón é para enxeñeiro en informática Carlos Eloy López Blanco pola súa destacada contribución á transformación dixital das organizacións e á ciberseguridade.

Colexiado de Honra

Este premio recaeu no arquitecto de computadores Mateo Valero Cortés, director do Barcelona Supercomputing Center-Centro Nacional de Supercomputación, impulsor da supercomputación en España e Europa, e un dos investigadores mundialmente máis premiados no seu campo.

Premio Especial A Noite

Este recoñecemento outórgase a Balidea, Emetel, Inycom e Minsait polo seu permanente apoio á entidade colexial e á gala de referencia do sector TIC en Galicia.

Premio Especial a Código Cero no seu 20 aniversario

O diario dixital Código Cero é recoñecido por cumprir vinte anos achegando a información tecnolóxica en galego.

Espazo

O Hotel Oca Puerta del Camino é un aloxamento de catro estrelas situado fronte ao Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, na área de negocios da cidade en San Lázaro e a escasos tres quilómetros a pé da Catedral de Santiago. As súas amplas e elegantes instalacións e a súa posición estratéxica na cidade convérteno nun hotel ideal para a celebración de eventos.

En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: o piano bar, un plató virtual no que se desenvolverá a entrega de premios, e un salón de gran capacidade no que se celebrará a cea de gala. O plató virtual é un espazo multifuncional cun escenario composto por máis de 22 metros cadrados de pantalla led configurable, onde se realizan tanto reunións presenciais como de maneira virtual, ou unha combinación de ambas, con servicios de retransmisión en streaming multicámara.



GALERÍA FOTOGRÁFICA



▲ SUBIR