18:30 H. | Control de Acceso. |
19:00 H. | Cóctel de benvida. Actuación da banda Broken Peach. |
21:00 H. | Acto de entrega dos premios do CPEIG, presentado por Luis Piedrahita. |
22:00 H. | Cea de gala. |
23:00 H. | Monólogo e truco de maxia de Luis Piedrahita. |
00:00 H. | Barra libre e DJ. |
O enxeñeiro informático Diego Cid recibe esta distinción por lograr que se poida usar o DNIe en móbiles co sistema operativo iOS mediante unha conexión NFC para diferentes trámites coa administración pública.
A enxeñeira informática Verónica Bolón recibe esta distinción polos seus traballos de investigación en intelixencia artificial sostible no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) e a súa aposta polo fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas como coordinadora do nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM, no que científicas e tecnólogas imparten charlas a estudantes de 6º de Primaria e 1º da ESO sobre as STEM ou os estereotipos de xénero.
A distinción recaeu en Eduard Martín, CIO da Fundación Mobile World Capital Barcelona, polo seu “liderado de proxectos en organizacións de vangarda e o seu traballo incansable na defensa da profesión de enxeñaría en informática”. Dirixe a área de Conectividade Intelixente de MWCapital e impulsou o Observatorio Nacional 5G e a iniciativa 5G Barcelona para fomentar a evolución, o despregue e o desenvolvemento desta tecnoloxía co obxecto de mellorar a calidade de vida das persoas.
Distínguese nesta categoría ao Colegio de Ingenieros en Informática de Asturias pola súa loita para a inclusión dos enxeñeiros en informática no corpo de enxeñeiros na Ley de Empleo Público da autonomía.
Recibe a distinción o Ministerio de Sanidad polo seu compromiso coa "Europa de la Salud", espazo europeo de datos sanitarios, para mellorar prestación de asistencia sanitaria en toda Europa.
Navantia recibe este recoñecemento polo seu proxecto ‘Astillero 4.0’, aposta de futuro pola innovación e a tecnoloxía de vangarda. Incorpora tecnoloxías intelixentes –catorce ferramentas habilitadoras como Big Data, vehículos autónomos, robótica, Intelixencia Artificial, Blockchain, 5G ou drones– para alcanzar unha maior competitividade e sostibilidade.
Recibe o galardón Code.org, a plataforma formativa en programación máis grande do mundo, destinada para que cada estudante en cada escola do mundo teña a oportunidade de aprender informática.
O proxecto "Calvo Residuo Cero", da compañía galega Grupo Calvo, recibe esta distinción por ser una iniciativa global destinada a conseguir unha xestión sostible de todos os residuos xerados, tanto en fábricas como en oficinas, asegurando un mínimo impacto na contorna e a contribución efectiva a un proceso de economía circular.
Distínguese á Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, departamento creado hai un ano, que puxo en marcha iniciativas innovadoras, como a Rede de Polos de Emprendemento na que se usan ferramentas intelixentes, e outras accións para impulsar a inclusión e a igualdade.
A distinción recaeu en Envita, start-up viguesa de innovación social, pola súa plataforma tecnolóxica para a dixitalización da historia de vida das persoas maiores.
Esta distinción concédese a Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, ao Nodo GalicIA da Xunta de Galicia e ao Concello da Coruña pola creación da Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (AESIA).
O recoñecemento recaeu en Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade da Coruña (UDC) e investigadora no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da UDC. O Colexio outórgalle esta distinción por ser unha das “máximas referentes e pioneiras en España no uso de Intelixencia Artificial (IA) aplicada ás ciencias sociais”.
Recibe o recoñecemento o enxeñeiro en informática do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC), Rubén Pérez Jove polo deseño dunha ferramenta de identificación de sistemas operativos baseada en Intelixencia Artificial. Os outros finalistas foron Alejandro Mosteiro, enxeñeiro informático do CITIC da UDC, que desenvolveu unha ferramenta de axuda para os administradores no seu traballo baseada en Internet das Cousas, e Hilda Romero, que creou unha web e aplicación móbil para axudar aos pianistas nos seus ensaios e actuación.
Cisco, Eviden, Inforhouse, R e Vodafone reciben esta distinción polo seu apoio continuo á gala de ‘A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’
O Hotel Oca Puerta del Camino é un aloxamento de catro estrelas situado fronte ao Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, na área de negocios da cidade en San Lázaro e a escasos tres quilómetros a pé da Catedral de Santiago. As súas amplas e elegantes instalacións e a súa posición estratéxica na cidade convérteno nun hotel ideal para a celebración de eventos. En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: a terraza para o cóctel e un salón de gran capacidade para a cea de gala.