PROGRAMA

18:30 H. Control de Acceso
19:00 H. Cóctel de benvida
21:00 H. Acto de entrega dos premios do CPEIG
Mestre de cerimonias: Raúl Pérez, humorista e imitador.
22:00 H. Cea de gala.
23:30 H. Actuación musical: "Queen Forever Tribute". Barra libre.

Premios

Premio Traballo Fin de Máster

A distinción outorgouse ao coruñés Íñigo Luis López-Riobóo Botana pola súa ferramenta de maximización de negocio na plataforma TripAdvisor. Os outros finalistas foron Daniel Pena, que desenvolveu un sistema para facilitar a compra online en supermercados a través do móbil, e José Morano, autor dunha ferramenta ferramenta web de apoio ao diagnóstico de patoloxías oculares

Premio e-Inclusión

IT4Ukrainians.com, plataforma de axuda á empregabilidade dos refuxiados ucraínos, recibe esta distinción do CPEIG. Impulsada impulado por Mobile World Capital Barcelona e CIONET, é un portal de oportunidades laborais para profesionais con capacidades no ámbito tecnolóxico e dixital en empresas punteiras en Europa.

Premio Iniciativa Emprendedora

A compañía de recruiting ou de recursos humanos especializada no sector tecnolóxico, a galega Manfred, foi premiada con esta distinción polo seu labor de axudar aos profesionais a xestionar a súa carreira profesional e poñer en contacto ao mellor talento coas empresas máis innovadoras, empregando unha ferramenta que permite crear o CV e sincronizalo en múltiples plataformas online de forma automática, ofrecendo un maior control sobre os datos.

Premio Iniciativa Empresarial

Este recoñecemento foi para ‘The Waylanders’, un videoxogo de rol creado e ambientado en Galicia pola empresa coruñesa Gato Salvaje Studio.

Premio Iniciativa da Administración

O proxecto Equipos @, seis grupos especializados en ciberdelincuencia na Guardia Civil, recibe o premio nesta categoría por ser unha iniciativa que se creou para garantir a seguridade e a protección dos dereitos e liberdades dos usuarios no ciberespazo, enmarcado no Plan Estratégico contra la Cibercriminalidad do Ministerio del Interior.

Premio Ada Byron, dirixido a mulleres enxeñeiras en Informática

O recoñecemento distingue por partida dobre ás doutoras en Informática Núria Castell Ariño e Karina Gibert Oliveras, tamén catedrática, ambas da Universidade Politécnica de Cataluña-BarcelonaTech. As dúas enxeñeiras en informática dedican parte da súa carreira á fomentar a presenza feminina e dar visibilidade ás mulleres no campo tecnolóxico.

Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino

Reciben o premio os programas #IMPACT, de empregabilidade para persoas con discapacidade no sector da tecnoloxía da Fundación GoodJob.

Premio Traxectoria Profesional

A distinción recaeu no xefe da Subárea da Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Gustavo Herva, que, tras vinte e dous anos de carreira, actualmente é responsable da definición e implantación das políticas corporativas de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais da Xunta de Galicia.

Colexiado de Honra

Este premio recaeu no director de Enxeñaría de Seguridade de Google, Bernardo Quintero Ramírez, promotor do primeiro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Google para Europa, que se inaugurará a mediados de 2023 en Málaga.

Premio Obxetivos de Desenvolemento Sostible (ODS)

Recibe a distinción a rede Dinapsis de Viaqua, de hubs de transformación dixital para a xestión da auga e o medio ambiente en Galicia, e ao grupo SING de investigación biomédica e ciberseguridade da Universidade de Vigo (UVigo), formado por investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense.

Premio Impulso Dixital de Galicia

Recibe este recoñecemento a Estratexia Galicia Dixital 2030 da Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Premio Especial CPEIG

Distínguese nesta categoría a UNICEF España/USC/CCII polo estudo Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia. Relacións, riscos e oportunidades, ao Congreso Internacional de Animación, Efecto Visuales y Nuevos Media Mundos Digitales no seu 20 aniversario e á compañía coruñesa TRISON por liderar en Europa o sector da integración audiovisual

Espazo

O Hotel Oca Puerta del Camino é un aloxamento de catro estrelas situado fronte ao Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, na área de negocios da cidade en San Lázaro e a escasos tres quilómetros a pé da Catedral de Santiago. As súas amplas e elegantes instalacións e a súa posición estratéxica na cidade convérteno nun hotel ideal para a celebración de eventos. En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: a terraza para o cóctel e un salón de gran capacidade para a cea de gala.



GALERÍA FOTOGRÁFICA



▲ SUBIR